Os salgueiros, xunto con outros forman o bosque galería, xunto á beira
dos ríos. Son a primeira liña no río, inda que as veces vense
salgueiros no medio do río resistindo a todo, ata ás riadas que
frean e atenuan por terse fixadas de semellante maneira ó terreo. ( www.rios-galegos.com).
Non ten muita luz esta foto pero para mín é moito. Os salgueiros, que me lembran os devanceiros da miña nai, coidan e acarician ó rio Lor o seu paso por Monforte de Lemos, terra dos devanceiros do meu pai.
Comentarios
Publicar un comentario